sábado, 10 de enero de 2015

O SOAR IMPULSE 2

A revolucionaria aeronave, propulsada exclusivamente por enerxía solar, despegou este luns en Abu Dabi para sobrevoar 35.000 quilómetros nun prazo de cinco meses: un xeito de promover o uso de enerxías renovables. O avión despegou cun día de atraso debido a fortes ventos.

"Comezou a aventura". Con estas palabras, Bertrand Piccard, un dos dous pilotos suízos do avión Soar Impulse 2, inaugurou este luns un fito na aviación e na utilización das enerxías renovables.
A aeronave, que funciona exclusivamente con enerxía solar, decolóás 7.12 (hora local) de Abu Dabi cun primeiro obxectivo: Mascate, capital do sultanato de Omán. É apenas unha primeira escala dos 35.000 quilómetros, á que o seguirán India e Birmania.

Tras o despegue, o outro piloto do avión, André Borschberg, falou coa prensa dende o avión e chamou a súa esposa, segundo consignou o sitio web da misión.

O avión, cuxo despegue foi demorado por 24 horas por fortes ventos, ten un obxectivo político, explican os seus responsables, que traballaron 13 anos no proxecto.

"Queremos compartir a nosa visión dun futuro limpo", sostivoPiccard. "O cambio climático ofrece unha fantástica oportunidade para achegar ao mercado novas tecnoloxías verdes" que axudarán a "preservar os recursos naturais do noso planeta, crear postos de traballo e soster o crecemento" económico, recalcou.

O avión

"Soar Impulse 2" funciona exclusivamente con enerxía solar grazas ás súas máis de 17.000 celas solares que, a través dunhas baterías de litio, subministran enerxía a catro motores eléctricos de hélice. O avión ten unha impresionante anchura de 72 metros e pesa menos de 2 toneladas e media. Está construído a base dunha estrutura de fibra de carbón liviá e non leva combustible a bordo nin emite gases contaminantes.

O "Soar Impulse 2" é o sucesor do primeiro prototipo, o "SoarImpulse 1", que permitiu aos seus creadores facer algúns voos de longa duración en Europa e Marrocos e cruzar Estados Unidos no 2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario